Aloxamento

Pontevedra conta cunha excelente e variada oferta hoteleira para todos os gustos e prezos, que vai desde un Parado, pasando por diferentes tipos de hoteis de distintas categorías e cualificacións, até albergues de peregrinos, hostais ou apartamentos e casas turísticas. Tes máis información aquí.

O persoal é amábel e comprende sempre as necesidades de cada hóspede, e non deberías ter problema co idioma (a maioría dos traballadores fala ou deféndese ben en catro idiomas: galego, castelán, portugués e inglés). Os habitantes da cidade están habituados a tratar cos visitantes, polo que ante calquera dúbida non teñas medo ou vergoña á hora de preguntar pola rúa a calquera persoa sobre onde ir, que facer ou onde xantar.